O deslocamento do texto da centralidade do drama deixa o campo aberto á posteatralidade e, igualmente, abre un camino para a realización doutras accións como o happening e a performance, onde o corpo e a audiencia pasan a ser protagonistas, confundíndose, en ocasións, vida e obra. As Redes Sociais Dixitais constitúen un novo espazo de expansión e proxección que está a ser empregado por mulleres artistas e poetas para desenvolver a súa expresión creativa. Estes territorios virtuais son utilizados por elas, asemade, como ferramenta de de-construción da sociedade patriarcal e como instrumento de subversión e transgresión. Por tanto, moitas das intervencións que realizan nestes contornos tenen un forte componente de activismo político e social, establecendo una continuidade entre as esferas pública e privada; convértense así en espazos para a (re)presentación. Dentro destas accións están aquelas que tenen como obxectivo desmontar as construcións patriarcais e os tabús arredor do corpo da muller, como a campana #brelfi e. Neste contexto, analizamos una acción lactivista transmedia realizada por Estíbaliz Espinosa, poeta e artista multifacetada galega e establecemos linas de fuga que nos conducen a todo un universo de imaxes lactantes da historia da arte até a contemporaneidade.